Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

No Mes das Abellas e das Flores: Aprendemos, experimentamos e desfrutamos

Rematamos o Mes das Abellas e das Flores, no que vivimos un montón de bonitos momentos e experiencias enriquecedoras. O obxectivo: aprender sobre a importancia das abellas e dos insectos polinizadores, tan necesarios para os nosos ecosistemas e para o medio ambiente. Moitísimas grazas a todas as persoas que nos acompañaron e ás entidades colaboradoras,…

Read More

Obradoiro sobre as abellas e xantar cos produtos da colmea

Nesta edición incorporamos un novo espazo na celebración do  Mes das Abellas e das Flores: o Lasso  Cafetería do Auditorio de Galicia. Alí terá lugar o sábado 23 de maio un obradoiro sobre o mundo das abellas, a cargo das Mulleres Abelleiras Galegas, dirixido a público familiar e no que, a través de diferentes materiais,…

Read More

Exposicións: “Cousas de abellas” e “Apiarte”

Comeza o programa do Mes das Abellas e das Flores coa inauguración das exposicións "Cousas de abellas" e "Apiarte" na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. "Cousas das abellas" consta de 8 paneis didácticos sobre a vida das abellas e os seus produtos. "Apiarte" é unha selección de obras de distintos artistas que acompañan os…

Read More

Mes das abellas e das flores 2026

O vindeiro mes de maio Máisquemel organiza en Santiago de Compostela o "Mes das abellas e das flores", con motivo da celebración do Día Mundial da Abella o día 20 de maio. O programa inclúe exposicións sobre o mundo das abellas, proxección de audiovisuais, contacontos, obradoiros e xantar temático. Unha chea de actividades que achegarán…

Read More

Exposición e charla “A crise dos polinizadores. Un planeta con plantas extériles?”

O día 6 de maio ás 19 h. comezan as actividades do "Día Mundial da Abella 2025", coa inauguración da exposición "A crise da polinización. Un planeta con plantas estériles?" na  Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. Poderase visitar ata o 30 de maio.  A exposición, que aborda a alarmante diminución de especies polinizadoras,…

Read More

Día da Abella 2023: Os Bolechas, Mulleres Abelleiras e Casas de Insectos

O pasado 20 de maio celebramos por todo o alto o Día Mundial das Abellas en Santiago de Compostela. Acompañáronnos centos de nenos e nenas, as súas familias e moitos amigos e amigas das abellas. Foi unha gran festa coas abellas como protagonistas, que adicamos á divulgación do importante papel da abella e demais polinizadores…

Read More