Este sábado 27 de maio ás 12 h. teremos a última das actividades do Día da Abella na Biblioteca Anxel Casal, un divertido contacontos sobre abellas en inglés, a cargo de Kids&Us, titulado “Farmyard”.
Un granxeiro decide participar no premio da granxa máis limpa. Pero ao porquiño e ao cadeliño da granxa gústalles moito xogar na lama. A abella raiña ameaza con marchar se os outros animais non respetan o seu hábitat… Poderá o granxeiro gañar o premio? Quedarán as abellas a vivir na granxa?
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
E aproveitade para visitar a exposición “Expomundo das abellas” e conseguir a vosa credencial do Xubileo Apícola, se aínda non a tedes!