O longo da historia existe unha relación entre o ser humano e as abellas; a alimentación, a medicina, a arte, o culto e mesmo o alumeado da humanidade, non se entenderían sen a súa aportación.
Estes insectos, caracterízanse por ter unha PERFECTA:
Pero sobre todo destaca a súa labor como polinizadoras tanto de cultivos como de flora silvestre, favorecendo e protexendo a biodiversidade, imprescindible para manter o medio natural no que vivimos en equilibrio.
Os Bolechas, veñen de unirse a nós neste labor de difusión do papel que teñen as abellas e a apicultura na nosa contorna. Para a realización deste programa utilizaremos as publicacións e materiais didácticos realizados por Máisquemel: o conto “Os Bolechas – Máis que Mel”, con formato de guía didáctica sobre as abellas, e cadernos de actividades específicos para profesorado e crianzas.
As accións educativas estrutúranse por bloques temáticos; cada un deles consta de sesión informativas, xogos, obradoiros e/ou visitas guiadas.
Educación e sensibilización ambiental.
Próximamente ampliaremos a información detallada do programa que se desenvolverá no
vindeiro curso 2022-2023 e como realizar a solicitude de participación.
Para calquera consulta sobre este programa ou se queres comunicarnos o interese do teu centro de ensino en realizar algunha das nosas actividades, ponte en contacto con nós e informarémoste con detalle sobre como participar.