Nesta edición incorporamos un novo espazo na celebración do Mes das Abellas e das Flores: o Lasso Cafetería do Auditorio de Galicia. Alí terá lugar o sábado 23 de maio un obradoiro sobre o mundo das abellas, a cargo das Mulleres Abelleiras Galegas, dirixido a público familiar e no que, a través de diferentes materiais,…
O día 20 de maio celebraremos o Día Mundial das Abellas cunha gran xornada festiva no Museo de Historia Natural da USC. Será o evento central do Mes das Abellas e das Flores, no que Santiago de Compostela se sumará a esta celebración mundial instaurada polas Nacións Unidas, que ten como finalidade divulgar sobre a…
Comeza o programa do Mes das Abellas e das Flores coa inauguración das exposicións "Cousas de abellas" e "Apiarte" na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. "Cousas das abellas" consta de 8 paneis didácticos sobre a vida das abellas e os seus produtos. "Apiarte" é unha selección de obras de distintos artistas que acompañan os…
Este espectáculo da Compañía Garabullo, que terá lugar o sábado 9 de maio ás 12 h. na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal, continúa a historia da abella Melisa que coñecemos na celebración do Día da Abella 2025. O conto narra como Melisa se perde no bosque cando desaparece o sol. Na súa viaxe, recibe…
O vindeiro mes de maio Máisquemel organiza en Santiago de Compostela o "Mes das abellas e das flores", con motivo da celebración do Día Mundial da Abella o día 20 de maio. O programa inclúe exposicións sobre o mundo das abellas, proxección de audiovisuais, contacontos, obradoiros e xantar temático. Unha chea de actividades que achegarán…
O pasado 29 de novembro celebramos o IV Encontro de Mulleres Abelleiras no Museo do Mel do Valadouro. Marifé Sixto, unha muller abelleira que provén dunha familia adicada á apicultura dende varias xeracións, fundou este museo que foi construíndo pouco a pouco, adaptando diferentes espazos anexos á vivenda familiar. O museo alberga obxectos, ferramentas, fotos…
O vindeiro 29 de novembro celebraremos o IV Encontro das Mulleres Abelleiras Galegas no Concello do Valadouro (Lugo), onde visitaremos o Museo do Mel O Trobo de Marifé Sixto, que será a nosa anfitriona deste ano. A comarca do Valadouro é unha zona recoñecida pola alta calidade dos seus meles, conseguindo tódolos anos premios en…
Os próximos 7 e 8 de novembro as Mulleres Abelleiras Galegas participaremos vía telemática nas "I Jornadas de Mujeres y Apicultura Sostenible en Canarias", organizadas pola Oficina Agroecológica S Coop, coa colaboración de Proyecto Apiclimpact I Polinizadores de Canarias, Cabildo de La Palma, Reserva Mundial de la Biosfera La Palma, Asociación Mujeres 7 Fademur Canarias…
Un grupo de apituristas de Máisquemel visitamos Ibiza, a maior das Illas Pitiusas, entre os días 11 e 14 de outubro. Os nosos obxectivos cumpríronse a medias, perseguidos por unha DANA que nos fixo mudar o programa máis dunha vez. Puidemos homenaxear á familia Pajuelo, Consultores Apícolas de Castellón, que nos acompañaron nesta viaxe e…
As ferrerías, que tiveron o seu auxe entre o século XVI e o XIX, eran abundantes en Galicia, sobre todo na provincia de Lugo. Contaban os lugareños que había tensións entre abelleiros e ferreiros, os abelleiros aproveitaban as flores das uces para producir mel e os ferreiros arrincaban as uces para queimar as raíces na…
Neste mes de xullo tivo lugar o convivio anual de Máisquemel no Ecomuseo - Casa das Abellas de Abegondo, que tiña como tema o debate da apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día. Da man de Suso Asorey, o seu fundador, fixemos un percorrido polo exterior da casa co acompañamento musical…
O pasado sábado 14 de xuño coñecemos o Courel dun xeito moi especial: a través dos seus museos. Descubrimos a orixe destas antigas montañas e marabillosas paisaxes, así como das costumes e tradicións da xente que as habitou ó longo da historia. Agradecemos a compañía e conversas do apicultor Manuel Macía, que organizou as visitas…
