A APICULTURA TEN XÉNERO FEMENINO
Dende a propia bioloxía das abellas, sendo femias tanto a raíña da
colmea coma a maioría das súas habitantes, as obreiras. Son tamén estes insectos os garantes da polinización, e polo tanto da reprodución das plantas, concepto íntimamente ligado ó sexo biolóxico femenino.
E, aínda que ó longo da historia se invisibilizou, a muller aparece na representación máis antiga da actividade apícola por parte da humanidade, única no mundo: a pintura rupestre da Cova da Araña en Valencia, de entre 5000 e 8000 anos de antigüidade, amósanos a unha muller colleitando mel.
A presenza da muller na apicultura, así como noutros moitos sectores, estivo relegada sempre a un segundo plano, mentres que a imaxe pública e protagonista era a do home apicultor. Pero detrás dese apicultor houbo, na gran maioría dos casos, unha muller encárgandose de moitas das tarefas necesarias para o desenvolvemento da actividade.
Así como tamén houbo moitas mulleres apicultoras, levando o oficio e tódalas súas dimensións, pero que por inferioridade de número e a invisibilización xeral da muller na nosa sociedade, non destacaron e pasaron desapercibidas.