O mel que procede de flores silvestres, dos nosos montes, é a que ofrece as calidades que o consumidor e consumidora están esixindo, o produto natural e auténtico que nos ofrecen as abellas, simplemente.
É así que os apicultores e apicultoras debemos integrar un manexo máis natural e ser conscientes e consecuentes coas ideas e principios da agroecoloxía, sabedores de que as nosas abellas son sentinelas do medio ambiente.
As persoas que coidamos das abellas debemos escoitar e interpretar a natureza, observar as floracións, estar atento á meteoroloxía, buscar as fontes de néctar…
Non deixes de ler esta interesante publicación sobre o Manexo de masas vexetais para a apicultura.