Skip to content Skip to footer
A NOSA LABOR

Difundir información e coñecementos

Neste espazo compartiremos contigo información xeral do mundo das abellas e a apicultura e todas as novas sobre as nosas actividades

NOVAS

Non perdas ningunha das nosas publicacións, dirixidas tanto cara público adulto como infantil

Convivio no Ecomuseo Casa das Abellas – 4 de xullo 2026
O vindeiro mes de xullo faremos o noso convivio de verán na Casa das Abellas de Abegondo. Este ano homenaxeamos a Xesús Rivas, Cura de Rao (Navia de Suarna), por…
No Mes das Abellas e das Flores: Aprendemos, experimentamos e desfrutamos
Rematamos o Mes das Abellas e das Flores, no que vivimos un montón de bonitos momentos e experiencias enriquecedoras. O obxectivo: aprender sobre a importancia das abellas e dos insectos…
Obradoiro sobre as abellas e xantar cos produtos da colmea
Nesta edición incorporamos un novo espazo na celebración do  Mes das Abellas e das Flores: o Lasso  Cafetería do Auditorio de Galicia. Alí terá lugar o sábado 23 de maio…

EVENTOS

Anímate e únete ás actividades que organizamos dende Máisquemel! Tanto para nenos como para adultos! Non perdas ningunha delas!

DÍA MUNDIAL DA ABELLA 2025

O colectivo Máisquemel organizará varias actividades con motivo do Día Mundial das Abellas, celebrada anualmente o 20 de maio, que terán lugar durante o mes de maio en Santiago de Compostela.

Próximamente iremos publicando información.

I CONCURSO APIARTE

Máisquemel convoca este ano 2025 a primeira edición dun concurso de obras plásticas que aborden o tema das abellas e/ou a apicultura ligada á tradición galega.

O prazo para presentar as obras remata o 11 de abril. Haberá premios con dotación económica para as tres obras gañadoras, que serán expostas no Museo de Historia Natural da USC durante os actos de celebración do Día da Abella.

Máis información: Bases I Concurso Apiarte