Comeza o programa do Mes das Abellas e das Flores coa inauguración das exposicións “Cousas de abellas” e “Apiarte” na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.
“Cousas das abellas” consta de 8 paneis didácticos sobre a vida das abellas e os seus produtos. “Apiarte” é unha selección de obras de distintos artistas que acompañan os paneis didácticos para facelos máis comprensibles. O conxunto das dúas exposicións, xunto cos audiovisuais e equipamentos apícolas, conforman un todo e dannos unha visión sobre a importancia das abellas e os seus produtos para a saúde e o medio ambiente.
A exposición estará na biblioteca do 5 ó 16 de maio e despois trasladarase ó Museo de Historia Natural da USC do 19 ó 31.




