O vindeiro mes de maio Máisquemel organiza en Santiago de Compostela o “Mes das abellas e das flores”, con motivo da celebración do Día Mundial da Abella o día 20 de maio.
O programa inclúe exposicións sobre o mundo das abellas, proxección de audiovisuais, contacontos, obradoiros e xantar temático. Unha chea de actividades que achegarán a todos os públicos ó mundo das abellas e do resto de insectos polinizadores, para aprender cal é a súa importante función na natureza e todos os beneficios que nos aportan.
As actividades terán lugar entre a Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal e o Museo de Historia Natural da USC. Este ano ademais, incorporamos un novo espazo: Lasso Cafetería do Auditorio de Galicia. Tamén contaremos coa colaboración de varios colectivos e outras entidades: Ecomuseo Casa das Abellas, Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, a Escola Municipal de Música de Santiago e Mulleres Abelleiras Galegas.

PROGRAMA:
Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
Do 5 ó 16 de maio: Exposicións “Cousas de Abellas” e “Apiarte” e proxección de audiovisuais
9 de maio ás 12.00 h.: Contacontos “Melisa perdeuse”, a cargo da compañía Garabullo, con ilustracións en directo de Helder Rodrigues e obradoiro de chapas
Museo de Historia Natural da USC
Do 19 ó 31 de maio: Exposicións “Cousas de Abellas” e “Apiarte” e proxección de audiovisuais
20 de maio: DÍA MUNDIAL DA ABELLA
- De 10.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h: Portas abertas do museo
- De 17.00 a 19.30 h. Degustación de mel e outros produtos das abellas
- Ás 18.30 h. Actuacións musicais do alumnado da Escola Municipal de Música
23 de maio: Ás 17 h. Xuntanza do colectivo Mulleres Abelleiras Galegas. Aberto a calquera muller interesada no mundo das abellas (non é preciso ter colmeas)
Lasso Cafetería do Auditorio de Galicia
23 de maio: Ás 12 h. Obradoiro creativo sobre as abellas, dirixido a público familiar (previa inscrición) e degustación de meles, a cargo do colectivo Mulleres Abelleiras Galegas.
A partir das 14 h. xantar con menú-bufete elaborado con produtos das abellas
Inscricións: Todas as actividades son de balde e abertas ata completar aforo, agás o obradoiro no Auditorio de Galicia, con inscrición previa ata o día 21 de maio no email info@maisquemel.gal. A inscrición non inclúe a reserva do xantar, que se pode facer chamando ó teléfono 981 57 38 07 ou por email a cafeterialasso@gmail.com (Prezos: 20 € / Ata 15 anos: 12 € / Ata 6 anos: 10 €).
Organiza: Máisquemel, Ecomuseo Casa das Abellas e Mulleres Abelleiras Galegas
Colaboran: Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal, Museo de Historia Natural USC, Asociación Amigos Museo de Historia Natural, Escola Municipal de Música de Santiago,
e Lasso Cafetería do Auditorio de Galicia
Máis información:
Email: info@maisquemel.gal
Teléfono / Whatsapp: 630 069 635
