Skip to content Skip to footer

Contacontos “Melisa perdeuse”

Este espectáculo da Compañía Garabullo, que terá lugar o sábado 9 de maio ás 12 h. na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal,  continúa a historia da abella Melisa que coñecemos na celebración do Día da Abella 2025. O conto narra como Melisa se perde no bosque cando desaparece o sol. Na súa viaxe, recibe a axuda de distintos animais e, grazas á luz dunha vagalume, consegue atopar o camiño de volta á súa colmea e regresar ao fogar.

Con ilustracións en directo de Helder Rodrigues e un obradoiro de chapas sobre as abellas para rematar a actividade. O evento, que forma parte da programación do Mes das Abellas e das Flores 2026, vai dirixido a crianzas entre 4 e 10 anos e a entrada é de balde ata completar aforo da sala.