Skip to content Skip to footer

Exposición e charla “A crise dos polinizadores. Un planeta con plantas extériles?”

O día 6 de maio ás 19 h. comezan as actividades do “Día Mundial da Abella 2025”, coa inauguración da exposición “A crise da polinización. Un planeta con plantas estériles?” na  Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. Poderase visitar ata o 30 de maio. 

A exposición, que aborda a alarmante diminución de especies polinizadoras, esenciais para a reprodución das plantas e o mantemento dos ecosistemas, foi creada polo Grupo de Divulgación Científica Divulgare, da Universidade de Vigo, e con motivo da inauguración contaremos coa presenza do seu director, Luis Navarro, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de Botánica na Universidade de Vigo e director do Grupo de investigación en Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo, que ofrecerá unha charla sobre a temática. Será ás 19.30 h. no salón de actos da biblioteca, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

A interferencia humana alterou procesos ecolóxicos milenarios, provocando que moitas plantas se reproduzan de maneira subóptima. Este problema é especialmente grave porque, sen polinizadores, a maioría das plantas con flor non poden reproducirse, afectando á produción de alimentos, á xeración de osíxeno e á retención de CO₂, entre outros servizos vitais. Aínda que o declive dos polinizadores é gradual e, polo momento, só visible para o ollo experto, se se exceden certos umbrais, as consecuencias poderían ser catastróficas e irreversibles, de maneira similar ao que sucede co cambio climático.

Co obxectivo de concienciar e xerar un cambio na percepción pública, o laboratorio Divulgare da Universidade de Vigo presenta esta exposición nun formato innovador que combina cómic e vídeo de animación. Unha invitación para reflexionar sobre o legado que queremos deixar ás futuras xeracións e o papel que cada un debe asumir na conservación do noso planeta.

Consulta aquí o programa completo Día da Abella 2025