Skip to content Skip to footer

24 de maio: Xornada sobre as abellas e os polinizadores

O sábado 24 de maio no Parque de Vista Alegre de Santiago de Compostela celebraremos o evento principal do Día da Abella 2025, cunha xornada chea de interesantes actividades para todos os públicos nas que dar a coñecer a importancia das abellas e dos polinizadores. Con obradoiros nos que identificaremos insectos polinizadores e coñeceremos os beneficios que nos aportan, degustación e venda de produtos das abellas e portas abertas no Museo de Historia Natural. Faremos tamén a entrega de premios do I Concurso Apiarte e desfrutaremos de varias actuacións musicais ó longo do día por diferentes lugares do parque.  

PROGRAMA 24 DE MAIO

Museo de Historia Natural e Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela 

– Obradoiro “Polinizadores do parque”, de 11.30 a 13 h. no Museo de Historia Natural. Identificación de insectos con Marcos A. González, entomólogo e catedrático de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela e exdirector do Museo de Historia Natural (inscrición previa)

– Entrega de premios I Concurso Apiarte, ás 13.30 h. no Museo de Historia Natural

– Charla sobre a función dos polinizadores na horta ecolóxica, de 16.30 a 17.30 h. no Museo de Historia Natural. Con Lucía Ferreira, Vogal de Agroecoloxía de ADEGA, labrega e paisaxista. 

– Obradoiro “A maxia da polinización” de 18 h. a 19 h. no Albergue de Polinizadores do Parque de Vista Alegre. Con Suso Asorey, biólogo e fundador de Máisquemel.

– Degustación e venda de produtos das abellas e o libro “Catálogo de Alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán”, de 12 h a 14 h. e de 16 h. a 19 h. Con Mulleres Abelleiras Galegas e Asociación Cultural Vagalumes.

– Actuacións musicais: Pola mañá foliada abelleira con gaiteiros de Ordes, acompañados por membros da agrupación Sementes do Arte, e pola tarde actuación do guitarrista Javier García, cun repertorio de música clásica e outros estilos. En diferentes lugares do Parque de Vista Alegre.

– Durante todo o día: Portas abertas no Museo de Historia Natural

As actividades están dirixidas a todos os públicos, con entrada de balde ata completar aforo, agás o obradoiro “Os segredos da polinización”  que require inscrición previa en: amhnusc@gmail.com, máis información en www.usc.gal/gl/museohn 

Organiza: Máisquemel

Colaboran: 
Concello de Santiago de Compostela, Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal, 
Divulgare – Universidade de Vigo, Museo de Historia Natural da USC,
Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, Escola Municipal de Música, ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Mulleres Abelleiras Galegas e Asociación Cultural Vagalumes

Máis información:
Email: info@maisquemel.gal
Tel: 630 069 635