Skip to content Skip to footer

Contacontos “Melisa quere traballar”

Este espectáculo da Compañía Garabullo, que terá lugar o sábado 10 de maio ás 12 h. na Biblioteca Anxel Casal,  conta a historia da abella Melisa que, ao cumprir un día de vida, decide contribuír á colmea. Proba varios traballos: limpadora, coidadora de crías, construtora de paneis… Pero non encaixa en ningún. Ao final, descobre que o seu verdadeiro don é recoller pole e néctar, converténdose na mellor pecoreadora.

Este conto transmite unha mensaxe importante: Non hai que desanimarse se non atopamos o noso lugar de inmediato. Ás veces, a clave está en seguir intentándoo!
 

Con ilustracións realizadas en directo a cargo de Helder Rodrigues e un obradoiro de chapas sobre as abellas para rematar a actividade. O evento, que forma parte da programación do Día da Abella 2025, vai dirixido a crianzas entre 4 e 10 anos e a entrada é de balde ata completar aforo da sala.