Skip to content Skip to footer

Viaxes de apiturismo 2025

Máisquemel organiza para este ano dúas experiencias de apiturismo, na primavera unha xornada no Courel e no outono unha viaxe a Ibiza. 

Publicamos a continuación información xeral das viaxes, para que as persoas interesadas poidan ir anotándose. Cando teñamos o grupo confirmado, enviaremos o programa detallado.

Xornada no Courel – 14 xuño

As 11 h. atoparémonos en Quiroga, onde visitaremos o Museo Etnográfico. A continuación trasladarémonos á aldea da Seara para a visita guiada da Fundación Legar, centro de interpretación que recolle o legado do músico e investigador Xavier Blanco.

Sobre as 14 horas xantaremos de campo, cada participante traerá o seu propio xantar. Pola tarde, acompañados do apicultor Manuel Macia visitaremos as súas alvarizas e daremos un paseo pola contorna.

O prezo desta xornada será de 15 € / persoa, para membros de Máisquemel e 20 € para o resto (grupo mínimo de 15 persoas). Para participar hai que anotarse antes do 1 de xuño: Tel. 630069635 / Email info@maisquemel.gal.

Viaxe organizada coa colaboración do Sindicato Labrego Galego.

Viaxe a Ibiza – Do 11 ó 14 de outubro

Día 11: Viaxe en avión desde Santiago de Compostela a Ibiza

Día 12: Xornada apícola coa Asociación de Apicultores de Eivissa, actividade que contará coa presenza e dirección de Pajuelo Apicultura.

Dia 13: Viaxe pola illa en mircrobús e visita á empresa de xardiñería Eiviss-Garden, onde participaremos nun encontro dos apicultores e apicultoras de Galicia con escolares ibicencos de primaria..

Día 14: Regreso a Santiago de Compostela

Prezo: Pendente de confrirmar en función do número de persoas anotadas.

Preinscricións: Ata o 15 de maio, por teléfono ó 630 069 635 ou email info@maisquemel.gal