Un grupo de apituristas de Máisquemel visitamos Ibiza, a maior das Illas Pitiusas, entre os días 11 e 14 de outubro. Os nosos obxectivos cumpríronse a medias, perseguidos por unha DANA que nos fixo mudar o programa máis dunha vez. Puidemos homenaxear á familia Pajuelo, Consultores Apícolas de Castellón, que nos acompañaron nesta viaxe e…
O pasado sábado 14 de xuño coñecemos o Courel dun xeito moi especial: a través dos seus museos. Descubrimos a orixe destas antigas montañas e marabillosas paisaxes, así como das costumes e tradicións da xente que as habitou ó longo da historia. Agradecemos a compañía e conversas do apicultor Manuel Macía, que organizou as visitas…
A viaxe de apiturismo deste ano terá como destino Ibiza e incluirá un encontro coa Associació d'Apicultors d'Eivissa, coa participación de Antonio Gómez Pajuelo. Faremos unha excursión en autobús para coñecer a illa e participaremos nunha actividade con escolares ibicencos nas instalacións de Eiviss Garden, unha empresa de xardiñería con viveiro de plantas e outros…
Esta primavera Máisquemel organiza unha xornada de apiturismo no Courel. A viaxe terá lugar o 14 de xuño e visitaremos os museos de Quiroga, a aldea da Seara onde coñeceremos a Fundación Legar, un centro de interpretación de música de raíz e, para rematar, veremos alvarizas tradicionais co apicultor Manuel Macía.
PROGRAMA - As 11…
Máisquemel organiza para este ano dúas experiencias de apiturismo, na primavera unha xornada no Courel e no outono unha viaxe a Ibiza. Publicamos a continuación información xeral das viaxes, para que as persoas interesadas poidan ir anotándose. Cando teñamos o grupo confirmado, enviaremos o programa detallado.
Xornada no Courel - 14 xuño As 11 h.…
O pasado mes de xuño viaxamos polas terras da Baixa Limia e Xurés, para descubrir a apicultura desta comarca e os moitos tesouros que se agochan nas súas aldeas, ríos e montañas. Foi unha experiencia moi fermosa, na que houbo momentos para desfrutar da natureza, aprender sobre a nosa cultura e descubrir recunchos cheos de…
Nestas xornadas de apiturismo polo Xurés, que terán lugar os día 15 e 16 de xuño, achegarémonos á apicultura desta comarca, tanto a actual como a tradicional, da que aínda se conservan as antigas alvarizas, refuxio das características colmeas feitas con cortiza e cucuruchos de palla. Tamén descubriremos a historia e patrimonio desta serra, as…
O pasado mes de setembro un grupo de 24 persoas integrantes de Máisquemel visitamos o Ecomuseo "El País del Abeyeiro", un fermoso espazo adicado á formación e educación apícola e ambiental, que ten como obxectivo dar a coñecer o patrimonio tradicional apícola e fomentar o valor da biodiversidade e dos insectos polinizadores. A xornada tivo lugar…
A próxima viaxe de Máisquemel será ó Ecomuseo "El País del Abeyeiro", un fermoso recuncho entre Galicia e Asturias, no que se atopa un centro de formación e educación apícola e ambiental, que ten como obxectivo dar a coñecer o patrimonio tradicional apícola e fomentar o valor da biodiversidade e dos insectos polinizadores. A xornada…
O pasado mes de xuño desfrutamos dunha interesante xornada de apiturismo pola Costa da Morte, coa compaña e guía dos amigos da Asociación Río Vadebois de Caldebarcos, César, Domingo, Lourenzo e Miguel, e a experta en patrimonio tradicional apícola Carme Toba.
Como resumo da xornada, compartimos este artigo de Carme Toba, publicado en Apatrigal, Asociación…
O vindeiro domingo 18 de xuño (ATENCIÓN CAMBIO DE DATA por motivos organizativos, antes 17 de xuño) realizaremos unha nova xornada de apiturismo para coñecer o patrimonio tradicional apícola da Costa da Morte e o tipo de apicultura que se practica nesta comarca. Pola mañá visitaremos os colmeares da Asociación Río Vadebois, situados en Caldebarcos…
Algunhas das actividades que realizamos en Máisquemel durante este ano 2022 tiveron como imaxe as fermosas ilustracións obra da deseñadora e ilustradora Ana Ferot, que nos acompañou neste primeiro ano de vida de Máisquemel. Queremos compartir estas fantásticas creacións que representan algúns dos momentos máis importantes do ano para Máisquemel, así como tamén algunha que anuncia…
