Skip to content Skip to footer

Programa convivio no Ecomuseo Casa das Abellas, 5 de xullo 2025

O día 5 de xullo de 2025 faremos xunha xornada na Casa das Abellas de Abegondo, na que debatiremos sobre a apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día, basándonos no libro do pai Ledo.

PROGRAMA

Ás 12 h: Visita ao ecomuseo, que acollerá para esta xornada as exposicións das obras participantes no I Concurso Apiarte e “As abellas mais antigas de europa” cedida por Pajuelo Apicultura.

Ás 13 h.: “Benigno Ledo, O cura das abellas, e a modernización da apicultura en Galicia”, por Damián Copena Rodríguez, Profesor do Departamento de Economía Aplicada Área de Historia e Institucións Económicas, Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Lugo) Universidade de Santiago de Compostela.

Damián Copena exporá o artigo que acaba de ser publicado na revista Cuadernos de Estudios Gallegos: https://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/623/569

Ás 14 h.: Xantar de confraternidade. Cada quen aporta o seu xantar

Ás 16 h: Tertulia sobre os 100 anos de apicultura en Galicia, desde Benigno Ledo ata a actualidade.

Contaremos coa música de acordeón co maestro Cociñas.

Insciricións: Teléfono 630069635 e email info@maisquemel.gal