As abellas:
Máisquemel, polinización, biodiversidade, medioambiente, saúde, patrimonio natural, sentinelas do medio ambiente, apiturismo, apiarte. Un modo de vida…

PROGRAMA:
Biblioteca Pública Anxel Casal, Santiago de Compostela
Do 6 ó 30 de maio
Exposición “A crise da polinización.¿Un planeta con plantas estériles?“, cedida polo Grupo de divulgación científica Divulgare da Universidade de Vigo
6 de maio, ás 19h.
Inauguración da exposición e charla “A crise dos polinizadores: un reto para a conservación ambiental”. Con Luis Navarro, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, catedrático de Botánica na Universidade de Vigo e director do Grupo de investigación en Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo e o Grupo de divulgación científica Divulgare.
10 de maio, ás 12 h.
“Melisa quere traballar”. Contacontos sobre a importancia de encontrar o noso espacio no mundo, con ilustracións realizadas en directo, e obradoiro de chapas sobre as abellas. Pola compañía Garabullo. Dirixido a público infantil, entre 4 e 10 anos.
Museo de Historia Natural e Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela
20 de maio ás 18.30 h.
Celebración do Día Mundial da Abella coa inauguración da Exposición I Concurso Apiarte no Museo de Historia Natural, con actuacións musicais do alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
24 de maio:
– Obradoiro “Os segredos da polinización”, de 11.30 a 13 h. no Museo de Historia Natural. Identificación de insectos con Marcos A. González, entomólogo e catedrático de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela e exdirector do Museo de Historia Natural (inscrición previa)
– Entrega de premios I Concurso Apiarte, ás 13.30 h. no Museo de Historia Natural
– Charla sobre a función dos polinizadores na horta ecolóxica, de 16.30 a 17.30 h. no Museo de Historia Natural. Con Lucía Ferreira, vogal de agroecoloxía de ADEGA.
– Obradoiro “A maxia da polinización” de 18 h. a 19 h. no Albergue de Polinizadores do Parque de Vista Alegre. Con Suso Asorey, biólogo e fundador de Máisquemel.
– Degustación e venda de produtos das abellas e o libro “Catálogo de Alvarizas de Terra de Deza e Serra do Candán”, de 12 h a 14 h. e de 16 h. a 19 h. Con Mulleres Abelleiras Galegas e Asociación Cultural Vagalumes.
– Actuacións musicais: Pola mañá foliada abelleira con gaiteiros de Ordes, acompañados por membros da agrupación Sementes do Arte, e pola tarde actuación do guitarrista Javier García, cun repertorio de música clásica e outros estilos. En diferentes lugares do Parque de Vista Alegre.
– Durante todo o día: Portas abertas no Museo de Historia Natural
As actividades están dirixidas a todos os públicos, con entrada de balde ata completar aforo, agás o obradoiro “Os segredos da polinización” que require inscrición previa en: amhnusc@gmail.com, máis información en www.usc.gal/gl/museohn
Organiza: Máisquemel
Colaboran:
Concello de Santiago de Compostela, Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal,
Divulgare – Universidade de Vigo, Museo de Historia Natural da USC,
Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, Escola Municipal de Música, ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza,
Mulleres Abelleiras Galegas e Asociación Cultural Vagalumes
Máis información:
Email: info@maisquemel.gal
Tel: 630 069 635