Skip to content Skip to footer

Obradoiro sobre as abellas e xantar cos produtos da colmea

Nesta edición incorporamos un novo espazo na celebración do  Mes das Abellas e das Flores: o Lasso 
Cafetería do Auditorio de Galicia. Alí terá lugar o sábado 23 de maio un obradoiro sobre o mundo das abellas, a cargo das Mulleres Abelleiras Galegas, dirixido a público familiar e no que, a través de diferentes materiais, aprenderemos moito sobre estes pequenos insectos, os seus produtos e a súa función na natureza.

Tamén haberá unha degustación de meles de distintos tipos e procedencias, aportados polas Mulleres Abelleiras. Coñeceremos como son as variedades de meles galegos e falaremos da importancia de consumir meles de  produción local e de proximidade.

Pola tarde, trasladarémonos ata o Museo de Historia Natural para celebrar unha xuntanza das Mulleres Abelleiras Galegas. 

PROGRAMA:

Ás 12 h. Obradoiro creativo sobre as abellas, dirixido a público familiar (previa inscrición) e degustación de meles, a cargo do colectivo Mulleres Abelleiras Galegas.
Inscrición de balde ata o día 21 de maio: info@maisquemel.gal. (A inscrición non inclúe a reserva do xantar)

A partir das 14 h. Xantar con menú-bufete elaborado con produtos das abellas
Reservas: 981 57 38 07 ou por email a cafeterialasso@gmail.com (Prezos: 20 € / Ata 15 anos: 12 € / Ata 6 anos: 10 €)

Ás 17 h. Xuntanza das Mulleres Abelleiras Galegas. A participación é aberta a calquera muller interesada no mundo das abellas e non é preciso ter colmeas nin experiencia previa.

Coa colaboración de: Mulleres Abelleiras Galegas e Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia.