Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

No Mes das Abellas e das Flores: Aprendemos, experimentamos e desfrutamos

Rematamos o Mes das Abellas e das Flores, no que vivimos un montón de bonitos momentos e experiencias enriquecedoras. O obxectivo: aprender sobre a importancia das abellas e dos insectos polinizadores, tan necesarios para os nosos ecosistemas e para o medio ambiente. Moitísimas grazas a todas as persoas que nos acompañaron e ás entidades colaboradoras,…

Read More

Obradoiro sobre as abellas e xantar cos produtos da colmea

Nesta edición incorporamos un novo espazo na celebración do  Mes das Abellas e das Flores: o Lasso  Cafetería do Auditorio de Galicia. Alí terá lugar o sábado 23 de maio un obradoiro sobre o mundo das abellas, a cargo das Mulleres Abelleiras Galegas, dirixido a público familiar e no que, a través de diferentes materiais,…

Read More

Exposicións: “Cousas de abellas” e “Apiarte”

Comeza o programa do Mes das Abellas e das Flores coa inauguración das exposicións "Cousas de abellas" e "Apiarte" na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. "Cousas das abellas" consta de 8 paneis didácticos sobre a vida das abellas e os seus produtos. "Apiarte" é unha selección de obras de distintos artistas que acompañan os…

Read More

Mes das abellas e das flores 2026

O vindeiro mes de maio Máisquemel organiza en Santiago de Compostela o "Mes das abellas e das flores", con motivo da celebración do Día Mundial da Abella o día 20 de maio. O programa inclúe exposicións sobre o mundo das abellas, proxección de audiovisuais, contacontos, obradoiros e xantar temático. Unha chea de actividades que achegarán…

Read More

Descubrindo a tradición abelleira do Valadouro no IV Encontro Mulleres Abelleiras Galegas

O pasado 29 de novembro celebramos o IV Encontro de Mulleres Abelleiras no Museo do Mel do Valadouro. Marifé Sixto, unha muller abelleira que provén dunha familia adicada á apicultura dende varias xeracións, fundou este museo que foi construíndo pouco a pouco, adaptando diferentes espazos anexos á vivenda familiar. O museo alberga obxectos, ferramentas, fotos…

Read More

IV Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas – 29 de novembro no Valadouro

O vindeiro 29 de novembro celebraremos o IV Encontro das  Mulleres Abelleiras Galegas no Concello do Valadouro (Lugo), onde visitaremos o Museo do Mel O Trobo de Marifé Sixto, que será a nosa anfitriona deste ano. A comarca do Valadouro é unha zona recoñecida pola alta calidade dos seus meles, conseguindo tódolos anos premios en…

Read More

Mulleres Abelleiras Galegas nas “I Jornadas de Mujeres y Apicultura Sostenible de Canarias”

Os próximos 7 e 8 de novembro as Mulleres Abelleiras Galegas participaremos vía telemática nas "I Jornadas de Mujeres y Apicultura Sostenible en Canarias", organizadas pola Oficina Agroecológica S Coop, coa colaboración de Proyecto Apiclimpact I Polinizadores de Canarias, Cabildo de La Palma, Reserva Mundial de la Biosfera La Palma, Asociación Mujeres 7 Fademur Canarias…

Read More

Xuntanza das Mulleres Abelleiras en Agolada: coñecendo proxectos abelleiros e as mulleres do mar

O pasado mes de novembro celebramos o III Encontro de Mulleres Abelleiras en Agolada, visitanto o proxecto de Eva Fernández "A Cova Mel e Apicultura" e coñecendo ás Mulleres Salgadas, asociación de mulleres que se adican ó sector pesqueiro galego.  Foi unha interesante e enriquecedora xornada, na que coñecemos este interesante espazo de "A Cova"…

Read More

III Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas – 23 de novembro en Agolada

O vindeiro 23 de novembro o colectivo Mulleres Abelleiras Galegas celebraremos o noso III  Encontro coa visita a "A Cova Mel e Apicultura",  un proxecto de Eva Fernández, a muller abelleira que fará de anfitriona nesta xornada. A Cova Mel e Apicultura está ubicado no Monte Farelo (Agolada, Pontevedra) onde Eva, unha xoven que decidiu…

Read More

Saboreando o mel e aprendendo sobre abellas coas Mulleres Abelleiras Galegas en Tomiño

O pasado sábado 27 de abril, desfrutamos dun delicioso obradoiro coas Mulleres Abelleiras Galegas no Mercado de Tomiño, no que nos acompañou un numeroso grupo de veciños e veciñas de Tomiño, para aprender a utilizar o mel na cociña e ademais descubrir outras curiosidades sobre o mundo das abellas. Salud, Consuelo e Susana foron as…

Read More

Obradoiro Mulleres Abelleiras Galegas: galletas de mel e filloas

O colectivo Mulleres Abelleiras Galegas, Máisquemel e o Mercado de Tomiño, en colaboración co Concello de Tomiño, organizan este obradoiro dirixido a familias, no que aprender a utilizar o delicioso e saudable mel que nos ofrecen as nosas abellas na elaboración de receitas de repostería: galletas de mel e filloas.  A actividade terá lugar o…

Read More