O día 20 de maio celebraremos o Día Mundial das Abellas cunha gran xornada festiva no Museo de Historia Natural da USC. Será o evento central do Mes das Abellas e das Flores, no que Santiago de Compostela se sumará a esta celebración mundial instaurada polas Nacións Unidas, que ten como finalidade divulgar sobre a importancia das abellas e demais insectos polinizadores no mantemento da biodiversidade e sensibilizar á sociedade sobre a súa protección.

PROGRAMA:
Todo o día: Portas abertas do Museo de Historia Natural (de 10.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 20.00 h.)
A partir das 16.30 h.: Obradoiro “Un museo baixo o microscopio”. Sesións cada 15-20 minutos. Observación a través de lupas e microscopios para descrubrir detalles invisibles da natureza: células vexetais, minerais, insectos, escamas e moitos outros elementos do mundo natural que normalmente pasan desapercibidos á nosa vista.
De 17.00 a 19.30 h. Degustación de mel e outros produtos das abellas
Ás 18.30 h. Actuacións musicais do alumnado da Escola Municipal de Música:
– Dúo de Flautas: Irene Molina y Olaya Pereira: La abeja Maya (Karen Svoboda)
– Actuación de Saxo: Adrián Paderne: El Oso y la Miel (Michiel Oldenkamp)
– Agrupación de violines: ‘Margaritas’ ( Tradicional Irlandesa)
Todas as actividades son abertas e de balde, ata cubrir o aforo do espazo.
Coa colaboración de: Museo de Historia Natural USC, Asociación Amigos Museo de Historia Natural e Escola Municipal de Música de Santiago.
