Todavía temos prazas libres nalgunhas das actividades da Semana Máis que Mel, que terá lugar entre o 15 e 19 de novembro en Santiago de Compostela. Así que ampliamos o prazo de inscrición ata o 14 de novembro. Apurádevos a reservar a vosa praza! Inscricións en info@maisquemel.gal e para máis información www.maisquemel.gal
Xa está aberta ó publico a exposición Apiarte, incluida na programación da Semana Máis que Mel, e que se poderá visitar ata o 30 de novembro na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. A mostra inclúe un conxunto de obras de pintura, escultura e artesanía, creado arredor do mundo das abellas e vai acompañada…
A Semana Máis que Mel, que terá lugar do 15 ó 19 de novembro en Santiago de Compostela, incluirá unha tarde de obradoiros para crianzas no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Falarémoslle da importancia das abellas como insectos polinizadores, coñecerán o valor da biodiversidade e aprenderán sobre a necesidade de coidar…
Do 15 ó 19 de novembro de 2022 en Santiago de Compostela Unha semana de actividades para todos os públicos, na que falaremos sobre cultura, medioambiente e saúde arredor do mundo das abellas e dos seus produtos. Pois as abellas son moito Máis que Mel. Teremos charlas sobre a importancia das abellas e demais polinizadores, falaremos sobre…
O vindeiro sábado 8 de outubro Máisquemel participará na Feira do Mel do Valadouro, ofrecendo unha tarde de actividades para as crianzas que teñan curiosidade de aprender sobre o incrible mundo das abellas. Faremos varios obradoiros nos que utilizaremos o conto "Os Bolechas - Máis que Mel" e entregaremos a cada participante un divertido caderno…