As actividades están divididas por idades, en grupos máximos de 15, e constarán por unha parte dunha visita didáctica do museo, centrada no tema de insectos e polinizadores, e por outra un obradoiro. Serán impartidas por Marga Míguens, Ana Fernández e Paula Souto, do equipo de educadoras de Máisquemel.
Para participar é preciso inscribirse no email info@maisquemel.gal ou tel. 981 589 534, ata o día 11 14 de novembro (ampliado prazo de inscrición)
Aquí podes consultar toda a programación do evento: Semana Máis que Mel
Vémonos na Semana Máis que Mel!