Envasado pola cooperativa Erica Mel, o noso pole provén maioritariamente dos montes do Courel e caracterízase por amosar unha gran variedade de cores, o que indica unha rica e diversa orixe floral. Para a súa conservación, sométese a un proceso de secado, o cal mantén as súas propiedades intactas. Aconséllase consumir antes do almorzo, a cantidade dunha culler de postre diluida nalgo líquido, como pode ser zume, iogur, leite ou mesmo un pouco de auga. Mellor se o deixamos no líquido uns minutos antes de consumir para que se desfagan os grans.
Ofrecemos esta promoción especial para os membros do Club Máisquemel, para animarvos a probar este extraordinario produto das abellas. Por tan só 12 € (antes 22,50 €) teredes unha boa cantidade para consumir durante este outono coa vosa familia ou amigos e sentir os seus efectos beneficiosos na vosa saúde.
Promoción limitada: Ata o 20 de novembro
Gastos de envío: 5 €
Pedidos: info@maisquemel / 981 589 534
Este outono a coidarse cos saudables produtos da colmea, arte da natureza!