Skip to content Skip to footer
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

SEMANA MÁIS QUE MEL

noviembre 7 @ 8:00 am - noviembre 30 @ 5:00 pm

Do 15 ó 19 de novembro de 2022 en Santiago de Compostela

Unha semana de actividades para todos os públicos, na que falaremos sobre cultura, medioambiente e saúde arredor do mundo das abellas e dos seus produtos.

Pois as abellas son moito Máis que Mel.

Teremos charlas sobre a importancia das abellas e demais polinizadores, falaremos sobre as magníficas propiedades dos produtos das abellas e haberá tamén obradoiros para público infantil. Ademais, teremos unha curiosa mostra de diferentes pezas artísticas creadas arredor do mundo das abellas. Todas estas actividades desenvolveranse entre a Biblioteca Pública Anxel Casal e o Museo de Historia Natural da USC.

E para rematar, haberá unha visita de apiturismo ó Museo O Enredo do Abelleiro, en Arzúa, na que nos acompañarán o seu fundador, Isidro Pardo, e Suso Asorey, biólogo e activista en defensa das abellas.

Para participar é necesario inscribirse antes do 11 14 de novembro (ampliado prazo de inscrición) en info@maisquemel.gal ou por tel. 981 589 534. Nos obradoiros infantís hai que indicar a idade da crianza.

Agardámosvos!

Detalles

Comienza:
noviembre 7 @ 8:00 am
Finaliza:
noviembre 30 @ 5:00 pm
Categorías del Evento:
, ,
Etiquetas del Evento:
, ,
www.maisquemel.gal

Organizador

Máisquemel

Local

Santiago de Compostela