- Este evento ha pasado.
Día Mundial da Abella 2023
May 20, 2023
GratuitoO vindeiro 20 de maio celebraremos o Día Mundial da Abella realizando o Xubileo Apícola en Santiago de Compostela. Será unha data para divulgar e reinvindicar o importante papel dos polinizadores, e da abella en particular, no mantemento da biodiversidade.
A abella é o principal insecto polinizador que existe na natureza. A situación actual da pervivencia das abellas está en perigo por mor das actividades humanas. Chamar a atención destas circunstancias e concienciar a humanidade é o principal obxectivo da celebración anual do DIA MUNDIAL DA ABELLA que foi declarado pola ONU o 20 de maio de cada ano.
Con motivo desta celebración, dende Máisquemel organizaremos o Xubileo Apícola en Santiago de Compostela, no que poderán participar todas as persoas interesadas, veciñanza de Compostela, as que cheguen facendo o Camiño e demais visitantes, realizando un percorrido a través do cal coñecerán a indispensable función da abella e outros insectos polinizadores na natureza, a importancia do coidado do medio e como podemos axudar nós nesa tarefa.
As persoas participantes levarán un folleto que terán que selar nos lugares das actividades e presentarán despois para obter a credencial do Xubileo Apícola 2023, co cal convertiranse en “defensores e defensoras das abellas”. Ademais, durante todo o mes de maio e no propio día 20, haberá varias actividades para todos os públicos: obradoiros, encontros, presentacións….
Información programa Día Mundial da Abella e Xubileo Apícola 2023