Skip to content Skip to footer

Programa Día da Abella e Xubileo Apícola 2023

Dende Máisquemel celebraremos o Día Mundial da Abella este ano 2023 cun amplo programa de actividades, que terán lugar durante todo o mes de maio, e que incluirá o Xubileo Apícola en Santiago de Compostela.

O Xubileo consistirá na realización dun percorrido que terá como finalidade coñecer, a través das diferentes actividades propostas, a indispensable función da abella e outros insectos polinizadores na natureza, a importancia do coidado do medio e como pode axudar a sociedade nesa tarefa.

A continuación tedes o programa completo do evento e información sobre como participar no Xubileo Apícola e conseguir a credencial para convertirse en “Defensores e defensoras das abellas”.

PROGRAMA:

Biblioteca Anxel Casal (Av. Xoan XXIII s/n)

Do 2 ó 31 de maio: “Expomundo das abellas”. Exposición sobre o mundo das abellas cos seguintes contidos: Os Bolechas e Máisquemel; Da Flor á Mesa, historia dunha pinga de mel; O Panal: A matemática na vida das abellas.

Visitas guiadas para grupos os días 5 e 10 de maio (consultar dispoñibilidade doutras datas). Información e reserva previa en info@maisquemel.gal.

5 de maio, ás 12 h. Presentación Día Mundial da Abella 2023. Presentación pública das actividades que terán lugar durante o mes de maio, con visitas guiadas á exposición para escolares.

10 de maio, ás 12 h. A apicultura na encrucillada: xuntanza sobre apicultura e situación actual dos polinizadores. Encontro aberto no que participarán distintos colectivos e persoas vinculadas co mundo da apicultura e da divulgación ambiental. Para participar solicitar información en info@maisquemel.gal.

DÍA DA ABELLA 20 de maio, ás 12 h.: Actuación de “Os Bolechas”. A familia dos Bolechas visitará a biblioteca e amosará ós nenos e nenas o interesante mundo das abellas. Actividade para público infantil

27 de maio, ás 12 h.: “Farmyard”. Contacontos sobre abellas en inglés”, por Kids&Us. Un granxeiro decide participar no premio da granxa máis limpa. Pero ao porquiño e ao cadeliño da granxa gústalles moito xogar na lama. A abella raiña ameaza con marchar se os outros animais non respetan o seu hábitat… Poderá o granxeiro gañar o premio? Quedarán as abellas a vivir na granxa? Actividade para público infantil.

Tódalas actividades son con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Museo de Historia Natural USC (Parque de Vista Alegre s/n)

O Museo de Historia Natural acollerá nas súas salas a instalación dun gran albergue de polinizadores, que formará parte da exposición durante todo o mes de maio e despois será trasladada ós xardíns exteriores.

10 de maio, ás 17 h. Presentación do libro “Guía del Jardín de Polinizadores Fernando Fueyo”. Presentación da guía e do propio xardín, que foi creado pola Asociación Corripa e está ubicado en Negueira de Muñiz. Coa participación dun dos seus autores e membros de Corripa: Alberto Uría, apicultor, formador ambiental e fundador do Ecomuseo “El País del Abeyeiro”.

DÍA DA ABELLA – 20 de maio:

Todo o día: Portas abertas no Museo. Visita ó museo e exposición “Vespa velutina, unha invasión imparable”.

Ás 16 h.: Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas. ATENCIÓN CAMBIO DE LUGAR: Cafetería Lasso – Auditorio de Galicia. Coa participación do colectivo de Mulleres Abelleiras Galegas de Máisquemel. Para participar, solicitar información en info@maisquemel.gal.

De 17 a 19 h.: Obradoiro de albergues de polinizadores. Aprenderemos a facer albergues para colocar nas nosas hortas e xardíns. Pódese acceder ó obradoiro en calquera momento dentro do horario indicado. Actividade para todos os públicos.

Tódalas actividades son con entrada libre, ata completar a capacidade da sala.

XUBILEO APÍCOLA NO DÍA MUNDIAL DA ABELLA

Para realizar o Xubileo Apícola, as participantes terán que recoller un folleto que estará dispoñible durante todo o mes na Biblioteca Anxel Casal e no Museo de Historia Natural.

As participantes presentarán ese folleto para selar nos dous lugares de celebración das actividades. Unha vez completado, poderán recoller a súa credencial presentando o folleto cuberto na Biblioteca ou no Museo, e convertirse así en “Defensores e defensoras das abellas”.

ORGANIZA E PATROCINA: Máisquemel 

COLABORAN: Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal, Museo de Historia Natural da USC, Asociación de Amigos do Museo H.N. da USC, C.I.F.P. Politécnico de Santiago.