Skip to content Skip to footer
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

VIAXE DE MÁISQUEMEL A PARÍS

septiembre 30 @ 8:00 am - octubre 4 @ 5:00 pm

€900

Máisquemel organiza unha viaxe a París para coñecer a apicultura urbana desta cidade, unha das pioneiras e con máis fama na práctica deste tipo de apicultura. Alí pódense atopar colmeas e casas de polinizadores en moitos parques e xardíns urbanos, como no Xardín de Luxemburgo, ata nos edificos máis emblemáticos, como nos tellados da Ópera de París. Un dos obxectivos desta experiencia de apiturismo será servir de referencia e modelo para promover e desenvolver este tipo de apicultura tamén aquí en Galicia.

Terá lugar a primeira semana de outubro, con 5 días de duración. O prezo aproximado será de 900 € / persoa en habitación doble, que inclúe voo e hotel con almorzo. As prazas serán limitadas a 25 como máximo e para participar hai que ser membro do Club Máisquemel.

As persoas interesadas poden realizar xa a preinscrición, enviando un email a info@maisquemel.gal ou chamando ó 981 589 534, indicando nome completo, teléfono e email. En canto teñamos confirmadas as datas, prezo e programa enviarémosllo as persoas inscritas. O prazo de preinscrición remata o 31 de xullo.

Detalles

Comienza:
septiembre 30 @ 8:00 am
Finaliza:
octubre 4 @ 5:00 pm
Precio:
€900
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
,

Local

París
Francia + Google Map

Leave a comment