35ª FEIRA DO MEL DO VALADOURO
Sábado 8 de outubro. Praza de Santa María e rúa Andrés López Palmeiro.
PROGRAMA:
10:00 horas. Apertura do Mercado. Contaremos con diversos produtores de mel da contorna así como produtos de tempada e artesanía.
A media mañá haberá un pasacalle e demostración de baile e música tradicional a cargo da A.C. Amado Lar
12:30 horas. Obradoiro de fabricación de queixos para nenos de 3 anos a 12 anos.
13:30 horas. Degustación gratuíta de filloas con mel.
14:00 horas. Sorteo dun lote de produtos.
16:00 horas. Obradoiro. Os Bolechas achégannos ás abellas.
17:00 horas. Os Bolechas aprenden sobre as abellas. (de 2 a 6 anos)
As abellas son moito máis que mel. (de 7 a 12 anos).
Pasacalle polo mercado coa A.C. Amado Lar
19:00 horas. Sorteo dun lote de produtos.
20:30 horas. Concerto con folk: Carapaus