Dentro do programa de actividades do Día Mundial da Abella, celebraremos unha xuntanza do colectivo Mulleres Abelleiras Galegas. Será o día 20 de maio ás 16 h. na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela (ATENCIÓN porque houbo cambio de lugar, antes era no Museo de Historia Natural). A reunión é aberta a calquera muller interesada, pero solicitamos que comuniquedes asistencia a través do email info@maisquemel.gal.
Na xuntanza conversaremos tomando un café sobre que tipo de colectivo queremos formar, xa que é aínda moi recente a súa constitución e podemos ir definindo como queremos construir este espazo. Tamén iremos concretando os obxectivos do colectivo e decidiremos as vindeiras actividades a desenvolver.
Todas as mulleres que teñan algunha relación coas abellas son benvidas. Para nós non é indispensable ter colmeas para considerarnos unha muller abelleira, tamén queremos incluir ás que se adiquen a divulgar sobre elas, a vender os seus produtos, ou simplemente que lle gusten as abellas e o que nos ofrecen. Queremos que este sexa un espazo diverso, inclusivo e empoderante para as mulleres.
Convidámosvos a asistir e celebrar así tamén o Día da Abella, acudindo coas vosas familias, crianzas, amigos e amigas, que poden participar nos diferentes actos que temos programados para esa xornada. Aquí podedes consultar o programa: Programa Día Mundial da Abella e Xubileo Apícola 2023