Skip to content Skip to footer

Ven a celebrar cos Bolechas o Día Mundial das Abellas

O vindeiro sábado 20 de maio, a familia dos Bolechas visitará a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal en Santiago de Compostela, para amosar as nenas e os nenos o incrible mundo das abellas, a través do conto “Os Bolechas – Máis que Mel”. E o mesmo sábado pola tarde, de 17 a 19 h., a celebración continuará no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, con portas abertas, obradoiros e outras sorpresas…
 
Ademais participando nestas actividades, poderedes realizar o Xubileo Apícola e conseguir a credencial de “Defensores e defensoras das abellas”. Simplemente tedes que recoller o folleto, dispoñible tanto na Biblioteca como no Museo, selalo neses mesmos lugares e cando o teñades completado solicitades alí a voso diploma.
 
A actividade está dirixida a público infantil, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 
Non volo perdades!