Skip to content Skip to footer

Guía Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo

O mércores 10 de maio ás 17 h. no Museo de Historia Natural da USC, dentro do Programa do Día da Abella 2023 terá lugar a presentación da “Guía do Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo”, da man de Alberto Uría, un dos seus autores, apicultor, formador ambiental e creador do Museo “El Pais del Abeyeiro”.

O Xardín dos Polinizadores é un fermoso espazo adicado á divulgación sobre os insectos polinizadores, ubicado en Pena da Nogueira, no concello de Negueira de Muñiz. A guía foi editada pola Asociación Corripa, que traballa pola conservación do medioambiente, a biodiversidade e o mundo rural, e foi tamén a creadora deste xardín, un interesante lugar para visitar e descubrir a gran diversidade do mundo dos insectos, a importancia da polinización e unha imensa mostra de plantas e flores na que observar a vida dos insectos.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Grazas a todas e todos por participar e acompañarnos neste primeiro día de actividades!

A próxima semana continuamos o 10 de maio coa xuntanza “A apicultura na encrucillada” ás 12 h. na Biblioteca Anxel Casal e ás 17 h.coa presentación da “Guía do Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo” de Negueira de Muñiz, coa participación de Alberto Uría, un dos seus autores.

Máis información: Programa Día da Abella e Xubileo Apícola