Skip to content Skip to footer

Xornada de apiturismo no Courel

Esta primavera Máisquemel organiza unha xornada de apiturismo no Courel. A viaxe terá lugar o 14 de xuño e visitaremos os museos de Quiroga, a aldea da Seara onde coñeceremos a Fundación Legar, un centro de interpretación de música de raíz e, para rematar,  veremos alvarizas tradicionais co apicultor Manuel Macía.

PROGRAMA

– As 11 h. Visitas  Museo de Xeoloxía de Quiroga

– Ás 12 h. Visita ó Museo Etnográfico de Quiroga

– Ás 13.30 h. Xantar no Restaurante San Clodio de Quiroga.

– Ás 16 h. Viaxe á aldea de A Seara e visita á Fundación Legar, centro de interpretación que recolle o legado do músico e investigador Xavier Blanco. Máis información: www.fundacionlegar.org

– Ás 18 h. Visita á alvariza de Manuel Macia visitaremos as súas alvarizas e daremos un paseo pola contorna.

Prezo: 30 € / persoa, para membros de Máisquemel e 40 € para o resto. Inclúe xantar, visitas e seguro. 
Inscricións: Ata o día 1 de xuño, no tel. 630069635 ou email info@maisquemel.gal.
Viaxe organizada coa colaboración do Sindicato Labrego Galego.