Skip to content Skip to footer

Viaxe a Ibiza – Do 11 ó 14 de outubro 2025

A viaxe de apiturismo deste ano terá como destino Ibiza e incluirá un encontro coa Associació d’Apicultors d’Eivissa, coa participación de Antonio Gómez Pajuelo. Faremos unha excursión en autobús para coñecer a illa e participaremos nunha actividade con escolares ibicencos nas instalacións de  Eiviss Garden, unha empresa de xardiñería con viveiro de plantas e outros servizos.

PROGRAMA

Día 11: Pola mañá viaxe en avión desde Santiago de Compostela a Ibiza e pola tarde visitas á capital.

Día 12: Encontro apícola coa Associació d’Apicultors d’Eivissa: Paisaxes dos meles de Galicia e Ibiza e cata e degustación dos meles, a cargo de Pajuelo Consultores Apícolas.

Dia 13:  Pola mañá visita á empresa de xardiñería Eiviss-Garden, onde participaremos nun encontro dos apicultores e apicultoras de Galicia con escolares ibicencos de primaria. Pola tarde excursión en bus pola illa.

Día 14: Mañá libre e pola tarde regreso a Santiago de Compostela

Prezo: 403,50 €. Inclúe avión e aloxamento en habitación doble con almorzo. Pendente confirmar importe doutros gastos (autobús e actividades) en función do número de persoas anotadas.

Inscricións: Ata o día 1 de xuño, por tel. 630 069 635 ou email info@maisquemel.gal. A reserva confirmarase previo pago de 201 €.