O pasado sábado 27 de abril, desfrutamos dun delicioso obradoiro coas Mulleres Abelleiras Galegas no Mercado de Tomiño, no que nos acompañou un numeroso grupo de veciños e veciñas de Tomiño, para aprender a utilizar o mel na cociña e ademais descubrir outras curiosidades sobre o mundo das abellas.
Salud, Consuelo e Susana foron as encargadas de ensinarnos as receitas das deliciosas galletas con mel e das tradicionais filloas, tamén chamadas “maruchos” na zona de Baiona. Que fermoso que, ademais de aprender sobre o mel e as abellas, estes espazos de encontro tamén nos permiten descubrir a riqueza da lingua do noso país.
Sandra e Paula adicáronse ó espazo para crianzas, cos obradoiros de candeas de cera e cadernos dos Bolechas, no que participaron con entusiasmo as nenas e nenos que se achegaron. E tamén algunhas adultas, todas curiosas de aprender sen importar a idade.
Foi unha bonita mañá na que compartimos saberes e nos divertimos aprendendo, grazas ás Mulleres Abelleiras e tamén as mulleres do Mercado de Tomiño.
Agradecemos a participación de todas as persoas asistentes e á colaboración co Concello de Tomiño para a súa realización.
- 140 g de aceite de xirasol
- 170 g de azucre e un pouco para o rebozado
- 1 ovo
- 50 g de mel
- 1 culleiradiña de lévedo químico
- 250 g de fariña
- 1 pizca de sal