Skip to content Skip to footer

Inauguración Exposición “As abellas máis antigas de Europa”

A inauguración da exposición “As abellas máis antigas de Europa” abrirá o mes de actividades do Día da Abella 2024, o día 7 de maio ás 18 h., na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela.

No acto participará Suso Asorey, biólogo e fundador de Máiquemel, e Esther Ordóñez, presidenta da IXP Mel de Galicia. A continuación haberá unha cata dos meles de Galicia a cargo do Consello Regulador. A participación é libre ata completar aforo da sala.

A exposición “As abellas máis antigas de Europa”, cedida por Pajuelo Consultores Apícolas, presenta a evolución das abellas dende que apareceron na Terra. A tráves de fósiles, sedimentos e ámbares, poderán identrificarse as abellas e outros himenópteros que quedaron atrapados, así como as súas estructuras de nidificación.

As pezas da exposición foron aportadas polo Centro de Interpretación Apícola Miel Muria, Deputación de Castellón e o Museo de Belas Artes de Castellón.

A exposición estará aberta ó publico ata o 31 de maio.

Máis información doutras actividades: Programa “Día da Abella 2024”