O colectivo Máisquemel organizará varias actividades con motivo da celebración o Día Mundial das Abellas o 20 de maio, que terán lugar entre Santiago de Compostela e Abegondo durante todo o mes de maio.
Programa Día Mundial da Abella 2024:
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Biblioteca Pública Anxel Casal
Do 7 ó 31 de maio: Exposición “As abellas máis antigas de Europa”, cedida por Pajuelo Consultores Apícolas, mostra de bibliografía apícola galega e audiovisuais sobre o mundo das abellas
7 de maio, ás 18 h. Inauguración da exposición e cata de meles de IXP Mel de Galicia
18 de maio, ás 12 h. Espectáculo de títeres “Pirula e o misterio das abellas”e obradoiro de chapas solidarias cos polinizadores. Pola compañía Garabullo .
31 de maio, ás 18 h. Presentación do libro “Abellón, o libro negro das zoadeiras”, polos autores Xoan-Xil López e Mauro Sanín, Central Folque.
Actividades con entrada libre ata completar o aforo.
Museo de Historia Natural
18 de maio, ás 17 h.: Inauguración do “Hotel de Insectos” no parque de Vista Alegre e portas abertas no Museo todo o día
A instalación será realizada coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, o Centro de Formación Profesional Politécnico de Santiago e Concello de Santiago de Compostela.
Despois do acto de inauguración, haberá un obradoiro no cal o público asistente poderá participar na propia construcción do hotel de insectos e unha presentación de publicacións sobre natureza por parte da Librería Aenea. A actividade é aberta e para todos os públicos, ata completar aforo ou materiais dispoñibles.
Outras actividades no museo:
Ó longo do mes de maio, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural realizará varias accións para crear conciencia sobre a nosa dependencia dos polinizadores e a necesidade de parar o seu declive. Estas actividades incluirán roteiros e obradoiros sobre plantas, insectos e aves, pensadas para maiores e pequenos. Próximamente publicaremos máis información.
ABEGONDO
Ecomuseo Casa das Abellas, Meangos
19 de maio: Convivio no Ecomuseo Casa das Abellas
Ás 12 h. Visita guiada polo Ecomuseo
ÁS 14 h. Xantar de campo (cadaquén leva o seu xantar)
Ás 16 h. Presentación do libro “A cultura do mel na Costa da Morte” pola autora Carme Toba
Ás 16.30 h. O miñato abelleiro contra a Vespa velutina, por José Manuel Fernández, ornitólogo
Ás 17 h. Debate “A apicultura galega na encrucillada”
Inscricións no email info@maisquemel.gal ou por whatsapp no 630 069 635, ata completar aforo
25 de maio: Visita da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC
Visita guiada polo Ecomuseo, charla sobre as aves da contorna e visita a outros lugares de interese pola zona.