Skip to content Skip to footer

Adianto programa Máisquemel 2024

Xa temos o programa xeral das actividades de Máisquemel deste ano 2024, que queremos ir adiantando para que coñezades e poidades anotar nas vosas axendas.

Como tódolos anos, celebraremos o Día Mundial da Abella no mes de maio en Santiago de Compostela, con varias actividades para tódolos públicos. Nesta ocasión, ampliaremos a celebración tamén ó Ecomuseo Casa das Abellas en Abegondo. 

No verán organizaremos unhas xornadas de apiturismo polo sur de Ourense, para coñecer o noso patrimonio apícola e seguir tecendo redes de amigos e amigas das abellas por Galicia. Para o outono tocará a viaxe de apiturismo ó estranxeiro, da que só podemos adiantar que o destino poderá ser Córcega. E xa achegándonos ó inverno, teremos o III Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas. 

Por suposto, polo medio destas citas irán xurdindo outras actividades das que iremos informando.

Agardamos que sexan do voso interese e poidamos contar con vós para continuar difundindo a importancia das abellas e demais polinizadores no medioambiente.

A continuación un programa un pouco máis detallado deste avance de actividades de Máisquemel para o 2024:

PRIMAVERA

Día Mundial das Abellas

Con motivo da celebración do Día Mundial das Abellas o 20 de maio, Máisquemel organizará unha serie de actividades ó longo do mes de maio en Santiago de Compostela e Abegondo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Biblioteca Anxel Casal

Do 7 ó 31 de maio: Exposición “As abellas máis antigas de Europa” e Mostra de bibliografía galega sobre abellas

7 de maio: Inauguración da exposición e degustación de meles de IXP MEl de Galicia.

18 de maio, ás 12 h.: Espectáculo de títeres “Pirula e o misterio das abellas”, da compañía Garabullo, e obradoiro de chapas para crianzas

31 de maio, ás 18 h. Presentación do libro “Abellón, o libro negro das zoadeiras”, polos autores Xoan-Xil López e Mauro Sanín, Central Folque.

Museo de Historia Natural

18 de maio: Pola tarde inauguración do Hotel de Insectos no Parque de Vista Alegre, obradoiros para público infantil e portas abertas no museo durante todo o día

ABEGONDO

Ecomuseo Casa das Abellas

19 de maio: Convivio no Ecomuseo: Visita guiada, xantar de campo, presentación do libro “Apicultura na Costa da Morte” de Carme Toba, charla sobre o miñato abelleiro, por J.M. Fernández e debate sobre apicultura. 

25 de maio: Visita da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural

Contidos do Ecomuseo Casa das Abellas:
Un sobreiral de 20 anos
20 anos de evolución cara un refuxio climático
Albergues de polinizadores
Da flor a mesa
Xardín de prantas aromáticas
Máisquemel e os Bolechas
Chuvia de biodiversidade
Apiarte no ecomuseo
Vitrina de asuntos persoais
Biblioteca con sala de conferencias

VERÁN

Apiturismo no Xurés– 15 e 16 de xuño

Sábado: Pola mañá visita ó Mosteiro de Celanova e igrexa visigótica de Bande. Pola tarde Encontro Abelleiro en Lobios
Aloxamento no Balneario de Lobios

Domingo: Ruta con Ecoturismo Xurés

OUTONO

Viaxe de apiturismo (pendente confirmar)

III Encontro Mulleres Abelleiras Galegas

MÁIS INFORMACIÓN

Costa de San Marcos, 7. 15890 Santiago de Compostela
Tel: 630069635
Web: www.maisquemel.gal

Email: info@maisquemel.gal, suso.asorey@maisquemel.gal