Skip to content Skip to footer

Grazas por participar e vémonos no 2024!

Para rematar o ano, dende Máisquemel queremos agradecer a presenza de todas as persoas que participastes nas actividades realizadas no 2023: O Día da Abella en Santiago de Compostela, as xornadas de apiturismo en Carnota, O Ézaro e Negueira de Muñiz, a viaxe as illas dos Azores, O Encontro de Mulleres Abelleiras en Tomiño… Pouco a pouco e pasiño a pasiño imos construindo este proxecto grazas a vós.

Agardamos que sigades participando no 2024 e a rede Máisquemel continúe medrando, pois queremos seguir facendo camiños con todas e todos vós a través deste mundo tan apaixoante das abellas.

 Desexámosvos unhas moi boas festas de Nadal e un Feliz 2024! 

O equipo Máisquemel