O colectivo Mulleres Abelleiras Galegas, Máisquemel e o Mercado de Tomiño, en colaboración co Concello de Tomiño, organizan este obradoiro dirixido a familias, no que aprender a utilizar o delicioso e saudable mel que nos ofrecen as nosas abellas na elaboración de receitas de repostería: galletas de mel e filloas.
A actividade terá lugar o sábado 27 de abril, de 11 h. a 13 h., no Mercado de Tomiño. Ademais, as crianzas poderán tamén aprender moitas máis cousas sobre o mundo das abellas. Haberá un obradoiro de elaboración de candeas con cera de abella e as máis curiosas poderán completar coñecementos a través dos cadernos de actividades “Os Bolechas – Máisquemel”.
A participación é de balde ata completar o aforo do espazo.