O pasado mes de novembro celebramos o III Encontro de Mulleres Abelleiras en Agolada, visitanto o proxecto de Eva Fernández “A Cova Mel e Apicultura” e coñecendo ás Mulleres Salgadas, asociación de mulleres que se adican ó sector pesqueiro galego.
Foi unha interesante e enriquecedora xornada, na que coñecemos este interesante espazo de “A Cova” creado por Eva Fernández no Monte Farelo de Agolada. Alí discurriu a sesión de mañá, comezando coas presentacións das participantes, mulleres que nos achegamos dende diferentes lugares de Galicia e que nos adicamos a diversos ámbitos do mundo das abellas, algunhas con experiencia de moitos anos e outras iniciándose nesta acitividade.
Despois das presentacións, as Mulleres Salgadas explicaron como foi a orixe do seu colectivo e como está sendo a súa loita pola presenza da muller nas institucións e poder participar na toma de decisións que afectan ó sector pesqueiro en Galicia, un proceso duro e complicado según nos relataron, pero que elas levan con valentía e ilusión. Esta experiencia dou pé a un intenso debate sobre a presenza da muller nos diferentes ámbitos da sociedade, incluído o sector apícola, e plantexamos os diferentes puntos de vista das asistentes.
A continuación realizamos un obradoiro sobre o aproveitamento da cera, que nos ofreceu Eva Fernández, a nosa anfitriona, no que aprendemos a facer panos con cera para envolver alimentos.
Despois do xantar, continuamos a xornada nos Pendellos de Agolada, falando sobre a posibilidade de acollernos o Programa Cultiva do Ministerio de Agricultura e tamén sobre a recente publicación no BOE da declaración da apicultura en España como manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial.
E xa para rematar, intercambiamos opinións sobre o futuro do colectivo e posibles actividades a realizar no 2025.
Agradecemos a todoas as mulleres que se animaron a participar nesta xornada, especialmente a Eva Fernández por acollernos con tanto cariño no seu proxeto e ás Mulleres Salgadas por compartir con nós a súa experiencia.