O colectivo Mulleres Abelleiras Galegas e Máisquemel organizan este segundo encontro coa finalidade de ir creando unha rede de mulleres, que teñan en común o interese polo mundo das abellas, para traballar xuntas na defensa das abellas e do medio ambiente, ademais de servir de referente para mulleres que se adiquen ós diferentes ámbitos relacionados con este tema: apicultura, divulgación, ciencia, produtos…
A xornada desenvolverase no Mercado de Tomiño e incluirá diferentes actividades que xirarán sobre o mundo das abellas e dos seus produtos. Tamén aproveitaremos para debatir sobre o futuro do colectivo, que está en proceso de construcción e por iso precisa das ideas e aportacións de todas as que queiran formar parte del.
Programa:
Ás 10.30 h Benvida e presentación
Ás 11 h. Charla: Efectos da depredación por Vespa velutina sobre os polinizadores. Por Sandra Rojas, apicultora e investigadora da Universidade de Vigo
Ás 12 h. Encontro-café con Belén Fervenza, produtora de horta e flor agroecolóxica e integrante da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego
Ás 13 h. Visita ó Mercado de Tomiño
Ás 14 h. Xantar
Ás 16 h. Debate e ideas sobre o futuro do colectivo.
Ás 17 h. Despedida e peche.
Inscricións:
Enviar un email co nome, apelidos, teléfono e email de contacto a info@maisquemel.gal
Data límite: 29 de novembro