Skip to content Skip to footer

Xornadas de apiturismo polo Xurés – 15 e 16 de xuño 2024

Nestas xornadas de apiturismo polo Xurés, que terán lugar os día 15 e 16 de xuño, achegarémonos á apicultura desta comarca, tanto a actual como a tradicional, da que aínda se conservan as antigas alvarizas, refuxio das características colmeas feitas con cortiza e cucuruchos de palla. Tamén descubriremos a historia e patrimonio desta serra, as súas tradicións e gastronomía, visitando aldeas de gran valor etnográfico, mentres desfrutamos das fermosas paisaxes que as rodean. 

A viaxe está organizada conxuntamente entre Máisquemel e Ecoturismo Xurés, unha entidade adicada a divulgación do patrimonio do Xurés a través de actividades de turismo.

 

PROGRAMA:

Sábado 15/06: Aldeas da Serra e Apicultura no Xurés

A viaxe comezará dende Lobios, onde quedaremos para compartir coches e ir ata a aldea de Alvite. Alí descubriremos a historia da apicultura desta zona da man dun veciño da aldea, un apicultor que nos amosará as tradicionais colmeas de cortiza e a súa alvariza. Despois visitaremos a aldea de A Cela, un exemplo da adaptación do ser humano ao entorno natural, e veremos zonas de sobreiras. De regreso, daremos un paseo pola aldea de Puxedo, que en sí mesma conforma un museo ao aire libre sobre o ciclo do pan e a vida no rural, visitaremos un fumeiro tradicional e aulas etnográficas. Alí faremos un xantar con produtos típicos desta zona.

Pola tarde, celebraremos un encontro sobre apicultura en Lobios, no Centro de Interpretación Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, no que participarán representantes do sector apícola desta comarca e cos que compartiremos coñecementos e debatiremos sobre a situación actual das
abellas e a apicultura.

Ó rematar, as persoas que o desexen poderán desfrutar dunha sesión no Balneario de Lobios e as demais poderán dar un paseo guiado polos arredores.

 

Domingo 16/06: Sendeirismo e Casa da Escusalla – Val do río Limia

Nesta segunda xornada faremos unha ruta sinxela de sendeirismo. De camiño ó punto de saída, pasaremos a Serra de Santa Eufemia a través dunha estrada que nos ofrece unhas vistas incribles da zona e poderemos visitar unha alvariza tradicional. Tamén visitaremos a misteriosa Casa da Escusalla e descubriremos as lendas e historias que a rodean. Dende aí comezaremos unha sinxela ruta de sendeirismo de 4 km polo río Mao subindo polos seus muíños e fervenzas, un paraxe moi bonito e de gran valor natural.

Ó regreso da ruta, faremos o xantar no Restaurante Lusitano en Lobios. Pola tarde, remataremos a nosa viaxe en Bande, onde visitaremos a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e o Centro de Interpretación do Campamento Romano Aquis.

 

PREZO E RESERVAS

Prezo:  100 € / persoa en habitación doble * (para persoas socias de Máisquemel)
Suplemento habitación individual: 10 €
Suplemento para non socias: 20 €
* Prezo para un grupo mínimo de 20 persoas

Inclúe:
– Aloxamento e almorzo, Hotel Barcelona (Entrimo)
– Xantar sábado e domingo
– Servizo de guías da empresa Ecoturismo – Xurés
– Seguro

Non está incluído:
– Cea sábado
– Entradas en museos e centros de interpretación
– Balneario (12 € / persoa, sesión de 2 horas)

Reserva de prazas:
Enviar un email a info@maisquemel.gal antes do 10 de xuño, indicando: nome e apelidos, NIF, email e teléfono. A continuación as persoas inscritas recibirán as indicacións para facer o pago dun anticipo de 20 €.

Terán preferencia as persoas socias do colectivo Máisquemel