Máisquemel e a libraría Aenea organizan unha xornada na que falaremos sobre as abellas como sentinelas do medio ambiente e gardiáns da biodiversidade. Haberá charlas, presentación de libros e obradoiros para todos os públicos.
A xornada terá lugar o venres 15 de novembro a partir das 18 h. na Libraría Aenea, Rúa Irmáns Rei Alvite, 3 baixo Santiago de Compostela.
Programa:
CHARLAS
-As abellas, saúde e medio ambiente. Suso Asorey (Máisquemel)
-Control ecolóxico da Vespa velutina. José Manuel Fernández (ornitólogo)
-Presentación do libro “A cultura do mel na Costa da Morte”. Carme Toba (autora)
OBRADOIROS
-Proba de mel do Monte Pindo, Monte Faro e Monforte de Lemos. Lidia e Miguel (produtoras)
-Elaboración de candeas de cera. Paula Souto (Másquemel)
Teremos á venda o libro de Carme Toba e o mel de Lidia e Miguel.
As asistentes poderán levar de balde algunha publicación sobre as abellas e tamén as candeas elaboradas.
Para participar é necesario inscribirse antes do día 12 de novembro no email info@maisquemel.gal ou por whatsapp no 630 069 635.