Skip to content Skip to footer

Postais coas ilustracións de Máisquemel

Algunhas das actividades que realizamos en Máisquemel durante este ano 2022 tiveron como imaxe as fermosas ilustracións obra da deseñadora e ilustradora Ana Ferot, que nos acompañou neste primeiro ano de vida de Máisquemel.

Queremos compartir estas fantásticas creacións que representan algúns dos momentos máis importantes do ano para Máisquemel, así como tamén algunha que anuncia un dos principais eventos que estamos xa preparando para o 2023.

Ofrecémolas en papel en dous formatos: postal e lámina.  A continuación tedes as imaxes das ilustracións que poñemos á venda, cos formatos e prezos.

ILUSTRACIÓNS:
Día Mundial da Abella 20 de maio
Tecendo Redes – Mulleres Abelleiras Galegas
Día da Abella 2023 – Xubileo Apícola

PREZOS:
Postal 10,5 x 15 cm – 3,00 € (Club Máisquemel 2,50 €)
Lámina 14,8 x 21 cm (A5) – 5,00 € (Club Máisquemel 4,00)
Postal + lámina – 7 € (Club Máisquemel 6,00 €)

*Gastos de envío non incluídos

Podedes facer o voso pedido por email a info@maisquemel.gal, indicando cales son as postais ou láminas que vos interesan xunto cos vosos datos: nome, enderezo, email e teléfono. Despois vos escribiremos indicando o importe e gastos de envío e cando recibamos o xustificante de pago enviarémosvos o pedido por correos. Tamén podedes recollelo na nosa oficina en Costa de San Marcos, 7 Santiago de Compostela, avisando con antelación.