Skip to content Skip to footer

A revista Eco entrevista a Máisquemel

No mes de decembro a revista Eco publicou unha entrevista a Máisquemel, na que presentamos cal é a finalidade do noso proxecto e a importancia de defender as abellas. Agradecemos a Eco que nos ofrecera un espazo nas súas páxinas e divulgar os nosos obxectivos.

Nun mundo globalizado, que nalgúns casos procura o beneficio económico por riba do benestar animal, Máisquemel loita por defender a posición das abellas e concienciar a sociedade a importancia destes animais para a polinización, e por tanto, da viabilidade da vida no planeta…

A continuación podedes ler o artigo completo. Boa lectura!