A viaxe de apiturismo que organizamos este ano será ás Illas das Azores, para desfrutar da impresionante paisaxe natural destas illas atlánticas e descubrir a interesante cultura abelleira que gardan.
Abrimos xa o prazo de preinscrición e as persoas interesadas recibirán máis información, que tamén iremos publicando a través da web. Aquí tedes a información básica da viaxe:
Organiza: Maisquemel
Datas: Do 14 ó 20 de outubro de 2023
Inclúe:
• Voos Oporto – Illa de San Miguel (Ponta Delgada) – Illa Terceira – Oporto
• Traslados de aeroportos a hoteis.
• Hoteis de 4 estrelas con almorzo incluído (Hoel Confort na Illa de San Miguel e Hotel do Caracol na Illa Terceira)
• Seguro de asistencia en viaxe.
Prezo*: 843 euros por persoa en habitación doble (mínimo 20 participantes). Non inclúe autobús para visitas nin comidas.
*O importe variará en función do número de participantes e aínda non está pechado.
Preinscripción: Ampliado – Ata o 30 de maio. As persoas anotadas recibirán información do prezo final (en función do número de persoas inscritas) para realizar a reserva definitiva. Para apuntarse podedes chamar ó tel. 630 069 635 ou enviar un email a suso.asorey@maisquemel.gal