Á volta do verán, o sábado 7 de setembro, organizamos un convivio no Ecomuseo Casa das Abellas de Abegondo, no que entregaremos unha distinción espeicial a Julio López (in memoriam) e Antonio Mesejo, por toda unha vida de traballo adicado ás abellas.
O convivio consistirá nunha visita guiada polo Ecomuseo, obradoiros para crianzas e outras actividades que detallaremos ás persoas inscritas. Contaremos ademais coa participación de Carme Toba, que nos presentará a súa publicación “A cultura do mel na Costa da Morte”, editada pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. E faremos un xantar de campo, no que cadaquén traerá o seu xantar.
Convidamos a asistir ás persoas que forman parte do colectivo Máisquemel, para coñecer este espazo de divulgación e compartir con nós unha interesante xornada sobre o mundo das abellas e polinizadores.
Contidos do Ecomuseo Casa das Abellas:
Un sobreiral de 20 anos
20 anos de evolución cara un refuxio climático
Albergues de polinizadores
Da flor a mesa
Xardín de prantas aromáticas
Máisquemel e os Bolechas
Chuvia de biodiversidade
Apiarte no ecomuseo
Vitrina de asuntos persoais
Biblioteca con sala de conferencias
Para participar é necesario inscribirse antes do día 04 de setembro no email info@maisquemel.gal ou por whatsapp no 630 069 635.