Skip to content Skip to footer

Adianto programa Máisquemel 2025

Aquí publicamos o adianto do programa deste ano, para que vaiades anotando nas vosas axendas as propostas que estamos preparando en Máisquemel. Agardamos a vosa participación!

No mes de maio celebraremos o Día Mundial da Abella en Santiago de Compostela, cun programa de actividades que realizaremos entre a Biblioteca Anxel Casal e o Museo de Historia Natural da USC. Esta edición terá como protagonistas os polinizadores e a importancia da súa protección e coñecemento.

Este ano seguiremos descubrindo lugares de Galicia ligados ó mundo da apicultura e das abellas. A finais da primavera viaxaremos ó Courel, para coñecer o noso patrimonio apícola e outros tesouros da nosa cultura e natureza, en concreto nos lugares de A Seara e Quiroga.

Durante o verán, o Ecomuseo Casa das Abellas de Abegondo acollerá varios convivios, nos que debatiremos sobre a situación actual da apicultura, dos problemas das abellas e o medioambiente.

Continuaremos coas experiencias de apiturismo no outono, cunha viaxe a Ibiza na que, ademais de coñecer esta illa do Mediterráneo, aprenderemos sobre flora melífera e os distintos tipos de mel nunha xornada coa Asociación d’apicultors Eivissa, coordinados polos consultores apícolas Fina Gonell e Antonio Gómez Pajuelo.

E xa cara finais de ano teremos o IV Encontro de Mulleres Abelleiras Galegas, co que seguiremos construindo unha rede de mulleres unidas polo interese hacia as abellas e os seus produtos.

Ó longo do ano iremos informando de todas estas actividades e outras que irán xurdindo polo camiño.

Programa Máisquemel 2025:

PRIMAVERA

Día Mundial das Abellas

Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela

  • Exposición “A crise da polinización, un planeta con plantas estériles?”, cedida por Facultade de Ciencias – Universidade de Vigo.
  • Obradoiros, contacontos e presentacións.

Museo de Historia Natural

  • Exposición I Concurso Apiarte e entrega de premios
  • Obradoiros e roteiros informativos sobre polinización
  • Degustación e venda de produtos das abellas
  • Actuacións musicais
  • Portas abertas no Museo

Apiturismo no Courel 

Visitas ó patrimonio tradicional apícola, cultural e natural nos lugares de A Seara e Quiroga

 

VERÁN

Convivios no Ecomuseo Casa das Abellas de Abegondo

No mes de xullo faremos unha tertulia sobre a apicultura de hai 100 anos comparándoa coa de hoxe en día, basándonos no libro do pai Ledo. É recomendable ler o libro antes de apuntarse ó convivio: “Curso práctico de apicultura” de Benigno Ledo González

 

OUTONO

Viaxe de apiturismo a Ibiza

Incluirá unha xornada sobre flora melífera e os distintos tipos de mel, coa “Associación d’apicultors Eivissa” e a familia Pajuelo (Fina Gonell e Anonio Gómez Pajuelo)


IV Encontro Mulleres Abelleiras Galegas

Celebración do encontro anual de mulleres que teñen en común o interese polas abellas, cunha visita a un proxecto abelleiro liderado por algunha muller e a realización de charlas e obradoiros que xiran arredor das abellas, dos seus produtos e o empoderamento da muller neste sector.


MÁIS INFORMACIÓN

Costa de San Marcos, 7. 15890 Santiago de Compostela
Tel: 630069635 / Email: info@maisquemel.gal, suso.asorey@maisquemel.gal