Skip to content Skip to footer

Xornada de apiturismo en Vimianzo

No mes de setembro realizaremos unha xornada de apiturismo en Vimianzo, da man de Carme Toba, apicultora e experta en patrimonio tradicional apícola da Costa da Morte.
 
Terá lugar o día 24 de setembro, a partir das 10 h. e incluirá a Ruta das Alvarizas de Vimianzo, unha ruta circular de 8 km, pola que veremos ata 16 alvarizas de diferente tipoloxía. Carme Toba irá explicándonos a historia da apicultura nesta comarca e os detalles destas espectaculares e características alvarizas, auténticos tesouros etnográficos agochados durante séculos nos nosos montes. Ó rematar xantaremos nun restaurante da zona e despois visitaremos o Castelo de Vimianzo, coa mostra de artesanía que alberga no seu interior.
 
A actividade terá un custe de 10 € para membros do Club Máisquemel e 15 € para o resto, transporte e xantar non incluidos. Para participar hai que inscribirse enviando un email a info@maisquemel.gal ou chamando ó 981 589 534 (por teléfono só a partir do 1 de setembro), indicando nome completo, teléfono e email. O prazo remata o 21 de setembro.
 
Anímate e descubre con nós a apicultura dos nosos ancestros, un valioso patrimonio que temos que coñecer e conservar.