Os próximos 7 e 8 de novembro as Mulleres Abelleiras Galegas participaremos vía telemática nas “I Jornadas de Mujeres y Apicultura Sostenible en Canarias”, organizadas pola Oficina Agroecológica S Coop, coa colaboración de Proyecto Apiclimpact I Polinizadores de Canarias, Cabildo de La Palma, Reserva Mundial de la Biosfera La Palma, Asociación Mujeres 7 Fademur Canarias e ADS Isla de La Palma.
O evento será un espazo para compartir experiencias, aprender sobre apicultura responsable e visibilizar o papel das mulleres no sector. As Mulleres Abelleiras Galegas aportaremos a nosa experiencia coa ponencia titulada “Mulleres Abelleiras Galegas: construíndo un espazo para dar voz á muller no mundo das abellas”, na que contaremos como está sendo a creación deste proxecto, coas dificultades que nos imos atopando, os pequenos logros alcanzados e retos que temos por diante.
As xornadas terán lugar en Salinas de Los Cancajos, Breña Baja (Santa Cruz de Tenerife), pero tamén estará dispoñible en streaming, polo que animamos a todas as persoas interesadas a inscribirse e desfrutar destas interesantes xornadas. Podes facer a inscrición aquí: https://f.mtr.cool/nrwmjqzysf



